PREMIO CREARTE NO IES AS BARXAS

http://www.mcu.es/industrias/Premios/crearte.html
Non o podo crer¡¡, non quixen publicalo ata hoxe e telo totalmente confirmado. 
Onte chamaron ao centro do ministerio de cultura, dándonos a fantástica noticia de que gañamos o concurso nacional CreArte, co noso proxecto  "o recurso audiovisual na aula de plástica,BLOG EDUCORTOS"e que implicou a outros departamentos (lingua castelá , galega e economía)
 Os meus queridos compañeiros Paco e Charo tiveron moita culpa na concesión deste premio, eles curraron perdendo tempo das súas vacacións para traballar na recompilación e redacción da memoria do proxecto, GRAZAS COMPIS .
Cal é a repercusión que vai ter este premio?
1º-O centro recibirá como distintivo a acreditación polo Ministerio de Cultura como "Centro educativo Creativo", espero que iso se teña en conta á hora de axudarnos nun futuro cos recursos necesarios para darlles un ensino de calidade aos nosos alumn@s.
2ª-Un premio en metálico de 24.000 ( non teremos que facer máis vídeos coa miña triste cámara de fotos e poderemos dispor de ordenadores para poder editalos ...en fin...un soño).
PARABÉNS A TOD@S, SEN VÓS NEN@S ESTO NON SERÍA POSIBLE
Aqui tedes a información da convocatoria .




      De esquerda a dereita ,Fran, Paco, Charo e Pepa.




      Comentarios

      Entradas populares