domingo 4 de marzo de 2012

O IES as Barxas "CENTRO EDUCATIVO CREATIVO"

Xa é oficial¡¡ acábanos de chegar esta placa do MINISTERIO DE CULTURA ao IES as Barxas 
XA SOMOS CENTRO EDUCATIVO CREATIVO.

VERO(coordinadora da biblioteca) e ASUN (secretaria do centro)

¿ES CREATIVO?
A xente creativa ten a notable capacidade de adaptarse a case calquera situación e lograr co que dispón ao seu alcance a consecución das súas metas, particularmente, a felicidade.


A creatividade é unha fonte central de sentido nas nosas vidas. A maioría das cousas que son interesantes, importantes e humanas son o resultado da creatividade.
 ¿Que nos fai diferentes do resto das especie?. Todo canto nos diferencia: a nosa linguaxe, os nosos valores, a nosa capacidade de expresión artística, de comprensión científica e a síntese que se dá a través da tecnoloxía é o resultado da creatividade que xace na condición humana.


Mihály Csíkszentmihályi : nacido o 29 de setembro de 1934, é profesor de psicoloxía na Universidade de Claremont (California) , el considera que existen 10 trazos comúns da personalidade creativa.ENLACE

  • Para saber máis sobre creatividade e a necesidade de fomentala nas escolas VER ENLACE

miércoles 22 de febrero de 2012

O IES AS BARXAS NA" VANGUARDIA", "A ILUSIÓN DE RODAR"

Así comeza o artigo da "Vanguardia"sobre o noso traballo no aula de plástica do IES as Barxas.


“En la enseñanza hay que reinventarse siempre para motivar al alumno, que es lo más importante”, explica la profesora Luz Beloso. Hace casi un cuarto de siglo, la Xunta de Galicia construyó el instituto As Barxas en un sombrío lugar próximo al centro de Moaña, una villa marinera de casi 20.000 habitantes de O Morrazo, en el lado norte de la ría de Vigo. La misma orilla desde la que se puede ir a la mayor ciudad gallega en las lanchas popularizadas por la película Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa."
  • Ver o artigo completo no seguinte ENLACE

martes 14 de febrero de 2012

Antonio Tápies, 3º ESO B , IES as Barxas

A nosa pequena homenaxe a Antonio Tápies.

O 6 de febreiro de 2012, faleceu na súa casa de Barcelona, a mesma cidade que o viu nacer .

É un dos referentes da pintura do século XX e da arte abstracta de posguerra. Feito que influíu notablemente nos creadores do informalismo do mundo enteiro. 
 
A el ,a Antonio Tápies..... que foi un gran creador.
Porque nós cremos na necesidade de 
potenciar e desenvolver a nosa imaxinación creadora, na necesidade dunha formación integral .
Vivir procesos estéticos e expresivos , aprender a comunicarnos con eles .
Pero sobre todo apreciar  as distintas linguaxes artísticas.
Necesitamos máis ARTE nas escolas .
¡¡Queremos ARTE ¡¡.
Porque NÓS cremos na importancia da ARTE na educación...



*(Tristemente moitos dos meus alumnos de secundaria non o coñecían)
 VER: http://debu-xarte.blogspot.com/ 

martes 7 de febrero de 2012

AUDIOVISUAL AS BARXAS


Xa temos cortiniña de inicio para as producións do proxecto  audiovisual do noso íes ¡¡(A fermosa música é obra de Seso Durán)e na animación traballaron Iria Soto e Uxía Veleiro de 3º da ESO 

Un video froito da colaboración do departamento de música e plástica.
Ver EDUCORTOS

lunes 16 de enero de 2012

AUGA , ANIMACIÓNS STOP MOTION



  • AUGA= VIDA.

Un traballo de animación online de 1º da ESO

  1.  Realizado con flibook 
  2.  Capturada a animación online da pantalla,( ENLACE programa )
  3.  Editado finalmente en vídeo, para iso sérvenos calquera editor libre (  ENLACE recurso)



  • AUGA
STOP MOTION realizado con plastilina,  3º ESO B
Autores:
JESSICA MIRANDA
HÉCTOR GIL
CAMILA HERMELO
MARTA CASTRO



  • Se che interesa esté vídeo, podes ver máis en EDUCORTOS


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...