MODA RECICLADA.Campaña de recollida de roupa usada

¿Os teus pais ordenaron os armarios e non saben que facer coa roupa e o calzado que xa non lle serve á familia?
MOI FÁCIL¡¡
Traédea ao insti.
DARÉMOSLLE UNHA NOVA VIDA¡
Este curso imos traballar sobre a moda dentro do proxecto interdisciplinar "As Barxas Emprende" , comezando por concienciar á comunidade escolar do excesivo consumismo que presentamos no sector dá roupa e o calzado.
Unha dás actividades consiste na recollida e selección de roupa, calzado e complementos usados, que todos acumulamos nos nosos armarios sen darlle ninguna utilidade, co finde transformala nun obradoiro de reciclaxe.
A roupa que non podamos reciclar , enviaremola a diversas organizacións sen ánimo de lucro a traves do concello de Moaña.
Se queredes colaborar , depositade as vosas achegas na caixa situada no hall do Instituto do 5 ao 14 de outubro.




Aqui estamos¡¡ transportando a caixa decorada polos alumnos de debuxo artístico do ano pasado para pola na entrada do instituto .
Este ano en terceiro imos tomar como referencia a arte e a ilustración para  os nosos orixinais deseños reciclados.

O motivo; interpretación de ilustracións de Alicia no país das maravillas,este será o eixo da colección.

A que está detrás do cartel é Pilo (Mª Jose ), profe de economía ,se queredes máis información do proxecto"AS BARXAS EMPRENDE" falade con ela .

Comentarios

Berduplástica ha dicho que…
Moi boa idea :)

Entradas populares