O IES as Barxas "CENTRO EDUCATIVO CREATIVO"

Xa é oficial¡¡ acábanos de chegar esta placa do MINISTERIO DE CULTURA ao IES as Barxas 
XA SOMOS CENTRO EDUCATIVO CREATIVO.

VERO(coordinadora da biblioteca) e ASUN (secretaria do centro)

¿ES CREATIVO?
A xente creativa ten a notable capacidade de adaptarse a case calquera situación e lograr co que dispón ao seu alcance a consecución das súas metas, particularmente, a felicidade.


A creatividade é unha fonte central de sentido nas nosas vidas. A maioría das cousas que son interesantes, importantes e humanas son o resultado da creatividade.
 ¿Que nos fai diferentes do resto das especie?. Todo canto nos diferencia: a nosa linguaxe, os nosos valores, a nosa capacidade de expresión artística, de comprensión científica e a síntese que se dá a través da tecnoloxía é o resultado da creatividade que xace na condición humana.


Mihály Csíkszentmihályi : nacido o 29 de setembro de 1934, é profesor de psicoloxía na Universidade de Claremont (California) , el considera que existen 10 trazos comúns da personalidade creativa.ENLACE

  • Para saber máis sobre creatividade e a necesidade de fomentala nas escolas VER ENLACE

Comentarios

Teresa ha dicho que…
Mis sinceras felicitaciones.

Entradas populares