ODISEA ÚLTIMA, obradoiro de animación "IES AS BARXAS"


OBRADOIRO DE ANIMACIÓN "AS BARXAS" 4º ESO (faltan na foto IRIA e UXIA de 3º ESO B)

Este obradoiro naceu antes do Nadal, aos poucos o grupo de alumn@s foi aumentando,agora a nosa aula de plástica nunca descansa nos   recreos, a creatividade non necesita durmir.
Aquí tedes o noso primeiro traballo,tamén é a nosa primeira colaboración co departamento de música ,"ODISEA ÚLTIMA".
Partimos dun poema que nos pasou Seso Durán, "Odisea última sobre mantas de flanela" do alumno do IES Virxe do mar, de Noia, Ismael Ramos Castelo (poema gañador dá categoría de bacharelato do V certame de poesía Xosé A. Barral ).
O primeiro traballo consistía en visualizar o poema, debuxar un story board, ¿que movemento lle damos á animación?, crear os fondos, ¿como sería a muller do chapeu?, pequenos movementos e fotos, fotos, miles de fotos,importar,editar,pegar ....mentres tanto no obradoiro de música Seso e Jenny dábanlle vida a esta fermosa canción.

Ilustracións ODISEA

 











Comentarios

Entradas populares