DESFILE DE MODA: BARXAS FASHION SHOW 2012


Nova edición de "As Barxas Emprende" 

¡Xa está aquí a moda máis esperada e innovadora, a colección REBARXAS¡, deseños únicos e orixinais feitos a man a partir de materiais reciclados polos alumn@s de 3º ESO do IES AS BARXAS de Moaña.
Podes consultar en primicia o catálogo ON-LINE :

 A presentación oficial da colección realizarase cun desfile de moda o mércores 13 de xuño ás 18:00 no salón de actos do IES AS BARXAS.
  Como nas mellores pasarelas internacionais contaremos coa presencia de relevantes  top-models recén chegados da Cibeles Fashion Week.



 Todas as prendas da colección están xa a venda e serán entregadas despois do desfile. Adiántate e fai a túa reserva anticipada, dando o número de referencia dos artigos que che interesen ás representantes do noso departamento comercial:
 Diana: 3º ESO A
 Camila: 3º ESO B
 Lorena: 3º ESO D
 A roupa que non esté reservada, venderase mediante puxa pública a continuación do desfile.

  • Un traballo interdisciplinar , iniciativa do departamento de economía(Pilo) ,"AS BARXAS EMPRENDE",fomentando a cultura emprendedora desde a Educación Secundaria.
   En plástica  PRODUCIMOS e en economía desenvólvese a  EMPRESA .                       

Comentarios

Entradas populares