sábado, 15 de junio de 2013

PROXECTO ,MURAL DIDÁCTICO II "EDWARD HOPPER ENSINA LINGUA GALEGA E CASTELÁ"


O mural ademais de incluír o coñecemento de distintas técnicas plásticas realízase como actividade de grupo, promovendo  valores, como a cooperación, a responsabilidade, a comunicación, o traballo en equipo, a autoavaliación individual e dos compañeiros., , .



O "mural didáctico" é un mural que ensina e que ademais axuda a respectar o muro, creando unha contorna  agradable no patio do noso centro.
 Este ano lingua castelá e galega son os departamentos colaboradores neste proxecto .
Trátase de que o espazo lúdico , o patio de recreo , sexa ademais un lugar de aprendizaxe.
 Dunha forma totalmente natural o alumn@ estará rodeado de pinturas de Edward Hopper que fan referencia á lectura , ademais dos textos reflectidos sobre diferentes autores da literatura galega e castelá , ou regras de ortografía .
Fases do proxecto:
1º Estudo do muro e dos materiais necesarios para preparalo,calculamos orzamento,( temos problemas é un muro demasiado rugoso,necesita preparación para poder pintar ).
 Fotos previas do espazo que se vai pintar .

3º Preparamos bocetos para pasar o debuxo ao muro.
4º Medimos os muros e calculamos o espazo, queremos que o patio se transforme nunha galería de arte.
5ºMontaxe en photoshop dos debuxos sobre o muro para visualizar o resultado final e calcular as proporcións.
6º Proxectaremos os debuxos no papel continuo pasándoos ao muro mediante a técnica do estarcido .



"o patio"
 A arte sae do espazo pechado do museo e invade o noso patio de recreo


Montaxe en photoshop 
 Este é o noso segundo proxecto "Mural didáctico" ver o de 2012 :ENLACE
preparando o muro







 Punto de fuga

                                                     MURAL HOPPER




















No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...