"SOMOS A NOSA MEMORIA" , VIII FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS








Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles.
A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa participa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección, #somosVioleta que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil .
As curtas que se van proxectar son:
"FORTEM " 
Algúns actos de valentía no momento oportuno poden cambiar o destino dunha familia. Esta vai ser unha curtametraxe que só se poderá ver o día da estrea, nunca se subirá á rede .
"OU TODOS OU NINGÚN"
Esta é a historia do auténtico protagonista de “Los lunes al sol" de Fernando León de Aranoa . ”Se cae un caemos todos" di Manuel Currás , un traballazo de Anxo Currás e o seu equipazo dos luns ao mediodía; unha preciosa homenaxe ao seu avó, todo un heroe desta ría de Vigo .
“LA FÁBRICA”
Como unha decisión do teu avó tomada hai máis de 60 anos pode cambiar o teu destino? Nisto baséase o guión de Gabriel, marabillosamente dirixido por Saúl Sanmartín.
"1936"
Como pode unha dor de moas salvarche a vida?
”Eu serei a túa memoria" 
Unha curta na que colabora AFAMO na que falamos sobre o alzheimer nunha preciosa curta dirixida por Sara Garza. Ti garda os teus sentimentos que eu gardarei os teus recordos.
“O home que odiaba o pasado “
Que pasa cando destrúes a túa historia; a túa memoria?
EN BRANCO "
Con guión e dirección de Laura Cortegoso, fálanos da importancia de non esquecer como a heroína esnaquizou moitas vidas nos 80.
“A ONDA DA MEMORIA”
Unha nova animación feita polo alumnado de 1 ºESO de educación plástica a Muller Lamprea con guión de Iria Collazo López
TEÑO MEDO AS PALABRAS
Animación do poema do escritor e poeta Miguel Ángel Alonso Diz feita polo alumnado de 3 ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual , que foi premiada a categoría alevín, no I Festival "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", 
O Festival Audiovisual as Barxas contará coa actuación en directo desta nova promesa do Morrazo , un auténtico trobador deste século , "Versiones Irrecitables" de Ferky Santomé , un artista que compón os seus propios temas.
ESTREA este 30 de MAIO ás 18:00 no IES AS BARXAS Moaña.
Estades todas/os convidadas/os


Comentarios

Entradas populares