miércoles, 13 de junio de 2018

“EUCRÉOTE“ Arte contra as violencias machistas

EuCRÉOTE , xa ten unha web https://luzbelos.wixsite.com/eucreote que recolle todas as obras, o vídeo resumen do proxecto , algún vídeo máis que fixo o alumnado, unha presentación cos poemas e as instalacións https://issuu.com/luzbeloso/docs/eucreote
GRAZAS por colaborar coas nosas alumnas e alumnos , son futuro , son #produtoresDeARTE #ARTEenEducaciónhttps://luzbelos.wixsite.com/eucreote


EUCRÉOTE , Trátase dunha mostra artística do alumnado de Debuxo Artístico de 1º e 2 de Bacharelato do IES as Barxas na que o meu alumnado realizou instalacións artísticas, ilustración e pintura partindo de haikus, poemas e outros textos que xenerosamente nos cederon para traballar grandes das nosas letras como:
Miguel Ángel Alonso Diz, Tamara Andrés, Isabel Blanco, Ana Cabaleiro, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Iria Collazo, Ledicia Costas, Luís Chapela Bermúdez, Marta Dacosta Alonso, Suso Díaz, Xabier Estévez, Míriam Ferradáns, Antonio García Teijeiro, Xosé Manuel González - Oli, Anna R. Figueiredo, Toño Núñez, Emma Pedreira, Diego Seixo, Helena Villar Janeiro e X. M. Xespi.
Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, e son traballos realizados con materiais de reciclaxe na súa maioría.
 É unha exposición na que imaxe e palabra se unen para loitar contra as violencias machistas.






No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...